domingo, 18 de março de 2018

Roberto Blanco Torres 3

Postulación da ética  

I

Cultivo, germe vivo
frol e froito
na alma;
jardín subrime,
con triple amor coidado:
conscencia,
dignidade,
arela de perfeución.

II

Só pol-a cultura o home asume,
en âas por diviño alento inzadas,
a persoalidade jurdia,
única, soberana,
o señoreamento do mundo,
das forzas cegas, mecánicas,
das turbulencias istintivas
e os fracasos ónticos das almas.
Época que só degoa
a satisfauzón do corpo,
âs furias do istinto encadeada,
así medra o indecor e a injustiza
así se impón a vileza e a iñoranza,
así nasce o déspota nos pobos
-culmiñazón das coleutivas fallas-
i-érguese ovante sobre a inerme turba
como un César grotesco sobre un cimenterio de almas.

III

Novas generazóns,
(de narcisismo enfermas)
espranza da seneutude
ja da impotencia presa,
único fulgor na tenebrosa
conjura que â patria deita
n-unha ergástula de exhomes,
amade a beleza,
apreixade a verdade
con pulo de renacenza.
Ispire as vosas mentes
o arte, fonte eterna,
a estrofa antológica,
a página perfeuta.
Mais compre, generazón abrente
pôr encol d-un andacio de estética
un ideal de justiza e libertade,
un acento moral, jurdia roseira
onde froleceron de consuno
as loitas e as ilusións antergas,
onde ha frolecer eternamente
do home e a vida o inmortal poema.
 
"Orballo da Media Noite", Roberto Blanco Torres

(Roberto Blanco Torres nasceu no dia 18 de Março de 1891. Morreu em 1936.)

Sem comentários:

Enviar um comentário