segunda-feira, 29 de janeiro de 2018

Xosé Fernández Ferreiro 3

Náiade do Sil

Namoreime dunha Náiade
das verdes ondas do Sil.

En branca dorna de escumas
polo río naveguei.

A dorna collia auga,
comigo ó fondo se foi.

Meus amores naufragaron,
miña Náiade morreu...

Teño un amor enterrado
nas verdes augas do Sil.

Xosé Fernández Ferreiro 

(Xosé Fernández Ferreiro nasceu no dia 29 de Janeiro de 1931. Morreu em 2015.)

Sem comentários:

Publicar um comentário