sexta-feira, 27 de outubro de 2017

Faustino Rey Romero

O merlo larpeiro      
 
Máis que merlo cantor, eres larpeiro.
(Se che ofendo, disculpa o que che digo.)
Nomearche a cereixa, a uva, o figo…
Auga debe facerche no peteiro.
 
Esta sona que tes de lambisqueiro
xa non é nova, que che ven de antigo,
porque dunha figueira es máis amigo
que da póla lustrosa dun loureiro.
 
É o teu gozo meirande andar de esmorga,
pois sabes que ó que ten baldeira a andorga
elle imposible ter o ánimo ergueito.
 
Anque o teu proceder eu non comparto,
cando vexo que tes o buche farto,
que che faga, desexo, bon proveito.


"Escolanía de Melros", Faustino Rey Romero 

(Faustino Rey Romero nasceu no dia 27 de Outubro de 1921. Morreu em 1971.)

Sem comentários:

Publicar um comentário