domingo, 16 de julho de 2017

Avelino Abuín de Tembra 2

Galicia da dor inconteníbel
do poeta.
¡Amor galicián!
¿Quen imaxina que a pesar dos teus pesares
ti te vas lonxe?
¿Quen ergue a voz e berra no deserto
destas areas quentes
que fenden os pés amerguradamente?

Quedamos nós. Unha manchea só
de homes. Un grupo de profetas
na terra en que naceron e onde non os escoitan.
Quedamos nós somentes,
como xudeus escallados entre fillos
e pais desnaturados,
que nos ollan fuxidiamente,
cuasi como estranxeiros nas tenzas que traballan.

¡Nosa Galicia probe!
O poeta non pode estar presente
na túa morte infame.
O poeta degoira verte sempre
rixa, forte, virxinal e sempiterna.
O poeta desexa morrer antes
de verte convertida en chan alleo.

¡Lévanos contigo, Galicia dos camiños,
lévanos onde ti vaias,
no adéus desapegado da xente!

¡Lévanos, Nai Nutricia, redentora
da vida que non temos
nin queremos ter sin ti!

Avelino Abuín de Tembra

(Avelino Abuín de Tembra nasceu no dia 16 de Julho de 1931. Morreu em 2009.)

Sem comentários:

Enviar um comentário