sábado, 24 de junho de 2017

José Luis Sucasas

A confesión do criado Ensión

Ía camiño da taberna e xa dende lonxe dexerguei o vulto dun home arrimado á parede, preto da porta de entrada. Cando cheguei á súa altura comprobei que non o coñecía de nada e roñei un "bo día" de cortesía. "Home, don Suqui! Xa pensei que non ía aparecer hoxe por aquí!" O home escachou coa risa, semellaba que deleitado polo meu abraio e desconcerto. Estaba sentado nunha caixa de gasosas baleira. Era coma se agardara por min e había un aire de fazaña cumprida no donaire co que me saudou. Quitando o sombreiro, abanouno comicamente en requintado aceno e deseguido volveuno poñer, facéndome un saúdo militar. Co lombo arrimado á parede e a carranchapernas sobre a caixa, semellaba ir a cabalo dunha besta. Pregunteille se nos coñeciamos. Díxome que non, pero que aínda estabamos a tempo. "Invítote a un café e falamos do bispo Dolfo", engadiu.
[...]

José Luis Sucasas, em Praza Pública

(José Luis Sucasas nasceu no dia 24 de Junho de 1959. Morreu em 2017.)

Sem comentários:

Publicar um comentário