sábado, 13 de maio de 2017

Nan de Allariz

O soño do emigrante

Pensando n-a fertuna
que soña o emigrado
un día… ¡mali'á sorte!
pr'América embarquei,
y-ó zarpal-o buque
chorei, si, ¡malpocado!
pasaron vinte días,
y-â América cheguei.

Fai d'esto moitos anos,
mais, á fertuna aquela
con qu'eu soñei un día,
non vexo aparescer,
pois entran eiquí uns poucos,
é certo, con boa estrela,
pro, os mais can estrelados…
¡e non ll'ai que facer!

Si algún (d-os da boa estrela),
logrou en poucos anos
topar o maldecido,
metal de Belcebú,
eu só atopei tristuras
e croeles desinganos
que, á mais d-a doce calma,
roubaronm'á salú.

Y-ó verme así tan lonxe,
soliño, abandonado,
sin ter un alma amiga
qu'eiquí coide de min,
non soño co'a fertuna,
non quer'o ouro soñado,
só soño c-o retorno
â terra onde nacín.

Alí terei ó menos
ó fin da miña vida
quén un amante bico
me poida ó morrer dar,
terei alí unha foxa,
n-a terra tan querida
en donde o sono eterno
eu poida descansar.

"Fume de Palla", Nan de Allariz

(Alfredo Fernández, conhecido como Nan de Allariz, nasceu no dia 13 de Maio de 1875. Morreu em 1927.)

Sem comentários:

Enviar um comentário