quinta-feira, 11 de maio de 2017

Camilo José Cela 3

Canzón pra unha muller aldraxada polo tempo

Ai, rexouba, rexouba, rexouba
da velliña que foi moza frouseira!
A mociña
- charamusca
que chaman
Unxía -
namoraba
a o lacazán
castelán
do alfolín.
Ai, rexouba, rexouba, rexouba
da velliña que foi pomba raxeira!
A velliña
- preta sóma
e roibén
da invernía -
xa nin se tapa os peitos
có bandullo aluado
di seu lampantín.
Ai, rexouba, rexouba, rexouba
da velliña que foi pranto de viola!

Camilo José Cela

(Camilo José Cela nasceu no dia 11 de Maio de 1916. Morreu em 2002.)

Sem comentários:

Enviar um comentário