sexta-feira, 28 de abril de 2017

Eduardo Moreiras

A unha muller de Pedorne, que tivo un fillo e afogouno

¿Ti eras boa, muller?
Eras boa.

Pero mataches. E pagas.
¿Qué pagas?

Eu tamén pago. Todos temos
unha deuda inmensa.
Si soupéramos 
non poderíamos
co peso da vida.

Qué vas facer agora
co ise recanto
isa feble candea
que afogaches con bruteza.

¿Non sabías...?
Non.
Ninguén sabe.
Serás aldraxada
escarnida pra sempre
e ninguén saberá.
Mataches. E pagas
o erro arrepiante
sin piedade
que todos levamos connosco
deica ao fin:
millor matar que dar a vida.

"O Libro dos Mortos", Eduardo Moreiras

(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)

Sem comentários:

Publicar um comentário