quinta-feira, 24 de novembro de 2016

Eugenio Montes

Gaita

Alguén escondeu a lúa
dentro da gaita
alguén escondeu a lúa
que se perderá na Atlántida
pol-as noites, como canta
erguendo o ceo lonxano
as suas nostalxias!

A gaita, alma de carballo
pusérona abermellada
porque campase nas festas
por antras mozas galanas.

Pro na sua ispidez orfa
non é así; é verde e branca:
verde, como o é a morriña,
branca, como o é a espranza.
O gaiteiro, na fondura
do peito, durmindo a gaita.

Eugenio Montes

(Eugenio Montes nasceu no dia 24 de Novembro de 1900. Morreu em 1982.)

Sem comentários:

Publicar um comentário