terça-feira, 25 de outubro de 2016

Manuel Leiras Pulpeiro 2

Si querés desmorriñarme,
levaime pra onde o mar vexa,
e os seus airiños me cheguen,
e o sinta cuando referva;
levaime pra onde máis zoupe
e máis se esfache nas penas
e, ao reventaren as olas,
mover os salseiros sexan;
ou, de non, leváime a donde
poida ter a man, siquera,
pra espellarme, iunhas pociñas
entre os xuncos da ribeira!

"Obras Completas", Manuel Leiras Pulpeiro

(Manuel Leiras Pulpeiro nasceu no dia 25 de Outubro de 1854. Morreu em 1912.)

Sem comentários:

Publicar um comentário