sexta-feira, 15 de julho de 2016

Luísa Villalta

O ceu cobrou unha cor que facia pensar.
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horizonte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.


"Ruído", Luísa Villalta

(Luísa Villalta nasceu no dia 15 de Julho de 1957. Morreu em 2004.)

Sem comentários:

Enviar um comentário