quinta-feira, 28 de abril de 2016

Xosé Iglesias Roura

Tras do arado

¡Outra volta máis! - Volve, Gallardo;
tente ó rego, Cardón.
Nobres almallos meus, case ampeades
con tan brava labor.
Hanvos dar da ferraña que fresquiña
colleron para vós.
Fire abafante o Sol, a terra é un forno.
non se atura a calor.
Se é que o pan me dá - Dios mo perdoe
¡ben ganadiño foi...!


Mais aínda outra volta. - Za, Gallardo;
vente ó rego, Cardón.
Parésceme que acoro, atafegado
coa poeira e o suor.
Hei de fenderte, terra; has de ser miña;
hei de faguerte pó;
hasme dar, das entrañas, pan pros fillos...
Mentras na vida estou,
hei de sacarte os zumes canto poida,
¡que xa mos sacarás a min despois!


Xosé Iglesias Roura, "A Nosa Terra"

(Xosé Iglesias Roura nasceu no dia 28 de Abril de 1879. Morreu em 1930.)

Sem comentários:

Publicar um comentário