quinta-feira, 4 de fevereiro de 2016

Xosé María Álvarez Blázquez 3

Ise neno da rúa

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.


E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -
viva, beba, baba, buba! -
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
- Non, home, non! - lle dixen a un de aqueles -
A xente pasa leda... Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!


"Canle Segredo", Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

Sem comentários:

Publicar um comentário