sexta-feira, 29 de janeiro de 2016

Xosé Fernández Ferreiro

Do salto víñase falando desde había bastante tempo. Desde que fixeran o de Pazos, no mesmo río. uns vinte kilómetros augas abaixo. Pero, sobre todo, desde aquel día no que, de improviso, aparecera no lugar un land-rover verde do que baixaran uns homes descoñecidos, vestidos con cazadoras de coiro e grosas botas de goma, póndose a mirar, para un lado e opara o outro, a través duns aparellos que parecían máquinas fotográficas postas sobre un trípode. Facían anotacións nun caderno e piñan cruces bermellas nas pardes e nas laxes.
- Son os do salto - correuse de seguida por tódolas aldeas, por todo o val de Folgoso, por tódalas terras de Castrelo. - Son os de Fenosa.

"Morrer en Castrelo do Miño",  Xosé Fernández Ferreiro

(Xosé Fernández Ferreiro nasceu no dia 29 de Janeiro de 1931. Morreu em 2015.)

Sem comentários:

Publicar um comentário