terça-feira, 2 de junho de 2015

Victorino Abente y Lago

Volta pr'a terra

Eu de soedades morría
Nas terras de donde veño
E volvín para Mugía
Miña vila, donde teño
Gardad’a miña alegría.
Da Virge da Barca ô par,
Abogada do mariño,
Está o meu querido lar
Ô pe do monte Corpiño.
Junta da veira do mar.
Da Virge a branca capela
Desde longe estase vendo
Perto da pedra da vela
E os tombos do mar, fervendo,
Escachan debaixo d’ela.
Alí na costa bravía
Abala a pedra da Barca
Que chama para Mugía
Gente de tod’a a comarca
Nos días de romería.
Da genio ver cando chea
De romeiras e romeiros
Soando a pedra abanea
E ao compás dos pandeiros
Botan cántigas da aldea.
Cousas do tempo pasado
Fálanme todo o que miro
E o corazón magoado
Ceiba un profundo sospiro
Do fondo peito arrincado.
Naquelas brancas ribeiras
Cantas veces rebuldando
Os pes mollaba nas veiras
E aos tumba-gatos jogando
Pasaban houras enteiras…
No medio da praza aquela
Jogaba as veces o trompo
E outras veces a estornela
E unha vez casi me rompo,
Co palán, unha canela.
¡Ai como miña alma chora
Aqueles tempos pasados
que ja non volven agora!
¡Anos tan empauliñados
Aqueles que pasei fora!
Cousas do tempo pasado
Fálanme todo o que miro
E o corazón magoado
Ceiba un profundo sospiro
Do fondo peito arrincado.


Victorino Abente y Lago

(Victorino Abente y Lago nasceu no dia 2 de Junho de 1846. Morreu em 1935.)

Sem comentários:

Publicar um comentário