quarta-feira, 3 de junho de 2015

Ramón Cabanillas

O aspro e duro callo

O aspro e duro callo
recrecido na man
pol-a crúa rudeza do traballo
fáise dondo e levián,
con moleza de armiño,
cando acariña e xoga cun meniño.
Aquel que non gozóu o soave encanto
do anxélico mirar e o bico santo
da nai que apreixa 
o fillo contra o seo
e lle dá doce arrolo
no berce do seu colo,
nin sabe como é ni-onde está o ceo.
N-este mundo noxento e desleigado
soio tres cousas hai
que fan caír o home axoellado:
¡Dios, o Neno, e a Nai!

"Da Miña Zanfona", Ramón Cabanillas

(Ramón Cabanillas nasceu no dia 3 de Junho de 1876. Morreu em 1959.)

Sem comentários:

Publicar um comentário