terça-feira, 1 de outubro de 2013

Vicente Risco

Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parente botou abrigo de chinchilla e petit-gris. Fixerom casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva tem unha que outra serda; tem as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamóm, e tan lustrosas que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle um pouco para baixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos quando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de don Celidonio. Se lhe escachasem a testa, que tiña que ser com pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar um unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.

"O Porco de Pé", Vicente Risco

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

Sem comentários:

Publicar um comentário